Bloque 3 Flashcards

1
Q

converso

A

Persoa que acepta unha crenza relixiosa ou ideoloxía diferente á que
profesaba. Na España dos séculos XVI e XVII aplicábase especialmente aos musulmáns e
xudeus que se convertían ao cristianismo, ben por convicción, ben por evitar persecucións.
O aumento do número de conversos agravou u odio popular contra estes novos cristiáns,
acusados de manter en segredo a súa fe (xudaizantes e mouriscos). Moitos deles foron
vítimas do tribunal da Inquisición.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
2
Q

GRANDE ARMADA

A

Gran flota formada por Filipe II en 1588 para desembarcar en Inglaterra e destronar á raíña protestante Sabela I. Os ataques ingleses e os temporais obrigaron ás naves a dar a volta rodeando as illas Británicas. Nesa traxectoria moitos dos barcos naufragaron. Dos 130 navíos que partiron regresaron 66 e dos 25.000 homes unicamente uns 10.000 puideron salvarse. Tras a derrota, os ingleses descualificárona como a armada invencible.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
3
Q

MOURISCO

A

Musulmán obrigado a converterse ao cristianismo por orde dos monarcas en
diferentes momentos: 1502 en Castela, 1518 en Aragón e 1526 en Valencia. A conversión
forzosa significou a fin oficial da poboación musulmá en España, pero moitos deles
continuaron mantendo a súa lingua, vestimentas e costumes, especialmente os que vivían
no territorio do reconquistado reino de Granada; esta situación levou a que fosen
expulsados de Granada en 1570 e de Aragón e Valencia en 1609.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
4
Q

TERZOS

A

Unidade militar de infantería, de ataque e defensa, formada por soldados profesionais, voluntarios o de recrutamento, creada e sostida por los Habsburgo españois durante os séculos XVI e XVII. Loitaban combinando as armas brancas (picas, espadas) e as de fogo (arcabuces, mosquetes). Estaban distribuídos polos distintos reinos e provincias da Monarquía Hispánica, destacando, polo seu número e fama, os Terzos de Flandres.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
5
Q

UNIÓN DE ARMAS

A

Proxecto político elaborado en 1625 polo valido de Filipe IV, o condeduque de Olivares, no que propoñía o reparto da carga militar e fiscal entre todos os reinos
da monarquía que ata entón recaía unicamente sobre Castela. O novo exército permanente
estaría formado por 140.000 soldados achegados polos reinos en función da súa poboación
e riqueza. O proxecto suscitou unha forte oposición e fracasou pola rebelión de Cataluña e
Portugal.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
6
Q

VALIDO

A

Secretario real ao que o soberano outorgaba a súa confianza, ata o punto de
entregarlle a dirección do reino. En España, como noutros reinos europeos, a privanza
xeneralizouse no século XVII, cando os monarcas abandonaron o exercicio directo do
goberno. Entre os validos destacaron os duques de Lerma e de Uceda no reinado de Filipe
III, o conde-duque de Olivares e Luis de Haro no de Filipe IV e Fernando de Valenzuela e o
conde de Oropesa no de Carlos II.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
7
Q

XUNTAS DO REINO DE GALICIA

A

Institución creada no século XVI que actuaba como portavoz das sete provincias de Galicia e, desde 1528, como representación do Reino de Galicia. Estaban formadas polos delegados dos concellos das cidades capitais das provincias e actuaba como un organismo intermediario entre o Reino de Galicia e a Coroa de España. Non tiñan funcións de goberno e eran convocadas polo monarca, normalmente cando necesitaba aumentar impostos ou facer levas de soldados, e estaban presididas polo Capitán Xeral de Galicia.

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly