Conceptos clave orientación e atención á diversidade Flashcards
(36 cards)
Cal é a estrutura do Informe psicopedagóxico?
O informe é o documento que recolle as conclusións do proceso de avaliación psicopedagóxica, e que inclúe:
- Situación evolutiva e educativa do alumno/a
- Concreción das necesidades educativas
- Orientacións curriculares
- Proposta de escolarización
- Determinación das axudas necesarias
- Procedemento para a revisión e/ou actualización do informe
Incorporarase no expediente do alumno un resumo do máis relevante
A família terá dereito a unha cópia do informe
Estrutura do Ditame de escolarización
- Conclusións da avaliación psicopedagóxica
- Orientacións sobre a proposta curricular axeitada ás necesidades do alumno/a e de ser o caso recursos persoais e materiais necesarios
- Proposta razoada de escolarización
- Opinión da familia respecto da medida
Cando se necesita realizar ditame de escolarización
- Solicitude de nova incorporación ao sistema educativo dun neno/a con NEE, e previsión de que vaia necesitar axudas
- Necesidade de solicitar un cambio na modalidade de escolarización
- Solicitude de provisión de recursos específicos concretos de difícil xeneralización
Avaliación psicopedagóxica
Proceso sistemático de recollida, análise e valoración da información relevante do alumnado, do seu contexto escolar e da contorna familiar.
Ten por finalidade identificar as necesidades educativas que poida presentar o alumnado e poder fundamentar as correspondentes propostas e decisións.
Os resultados e conclusións recolleranse nun informe psicopedagóxico
Procedemento de escolarización de alumnado con NEE
- A familia solicita a admisión nun centro á dirección do mesmo.
- Dirección do centro solicita ao DO (ou ao EOE se non estaba escolarizado antes) a avaliación psicopedagóxica e o ditame.
- O DO/EOE realiza a avaliación, e informa á familia dos resultados desta e os servizos educativos da zona.
- Trasládase o Ditame á Inspección, que o eleva á Xefatura Territorial.
- Xefatura Territorial notifica a decisión á Dirección do centro, que informa á familia.
Adaptación Curricular
É unha modificación dun ou máis elementos prescritivos do currículo como son os obxectivos, contidos, competencias, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe.
O referente serán os obxectivos xerais da etapa.
Precisan autorización de Inspección.
Antes aplicaranse medidas ordinarias.
Deseñaas o profesor da materia coa colaboración e asesoramento do DO.
Duración mínima dun curso, segundo o D 229/2011
Principalmente na ESO, A Orde do 6/10/95 tamén as contempla en educación infantil, bacharelato e formación profesional, aínda que en realidade non se realizan practicamente.
Proceso de elaboración das AC
- Avaliación psicopedagóxica, recollendo datos relevantes da situación sociofamiliar do alumno e do proceso de aprendizaxe.
- Reunión coordinada pola XE entre o profesorado das áreas a adaptar, o PT, a persoa titora e o xefe do DO, na que se decide a pertinencia da AC e os elementos a adaptar.
- Elaboración da AC nas áreas e materias acordadas.
- Elaboración do DIAC.
- Solicitude de autorización a Inspección.
DIAC
Informe que elabora o profesor dunha materia en colaboración co xefe do DO para solicitar unha AC. Incluirá: Datos persoais Datos físicos e de Saúde Datos psicosociais relevantes Datos do contorno sociofamiliar Datos do contorno escolar Datos pedagóxicos: áreas adaptadas, recursos e planificación do seguimiento da AC. Profesionais participantes.
Organización da Orientación
Servizos internos ( departamentos de orientación)
Servizos externos (EOE, CFR, CAFI, CRE)
Que é o Consello Orientador
Ao final de cada curso a persoa titora elaborará un documento para entregar ás familias, no que se incluirá o logro dos obxectivos das ensinanzas e da etapa e o grao de adquisición das competencias, no que se proporá o itinerario máis axeitado para o alumno/a e, no seu caso, a proposta de incorporación a un PMAR ou ciclo de FPB. O consello incluirase no expediente académico.
Mediación
No artigo 26 do Decreto 8/2015 defínese a mediación como unha estratexia de intervención imparcial para a resolución de conflitos, na que unha terceira persoa axuda as partes implicadas a alcanzar un acordo satisfactorio para ambas as dúas.
Programa de mediación
- Constitución do equipo coordinador e/ou mediador.
- Definición de recursos e condicións.
- Deseño básico do programa. Proceso e efectos da mediación.
- Inserción do programa no plan de convivencia.
- Sensibilización e difusión.
- Actuacións formativas.
- Posta en marcha do programa.
- Avaliación do programa.
Compromiso educativo pola convivencia
En todos os casos de conductas contrarias á convivencia, incluso cuando non se chegue a conciliación por non aceptarse as disculpas pola persoa ou persoas perxudicadas, poderá suspenderse a aplicación das medidas correctoras adoptadas se a alumna ou alumno correxida/o ou, no seu caso, a familia, firma un compromiso educativo para a convivencia.
Nun compromiso educativo para a convivencia deberá figurar de forma clara e detallada a que se compromete a alumna/o ou a familia,e ás actuacións de formación para a convivencia, prevención e de modificación de conductas, que se comprometen a levar a cabo, persoalmente ou mediante a intervención de institucións , centros docentes ou persoas adecuadas. Igualmente, deberán constar os mecanismos de comunicación e coordinación co centro.
Principios da atención á diversidade
Normalización Inclusión Equidade Igualdade de oportunidades e non discriminación Flexibilidade e accesibilidade Interculturalidade e promoción da convivencia Autonomía dos centros Participación da Comunidade educativa
Obxectivo do D 229/2011
Regular a atención á diversidade do alumnado, coa finalidade de facilitar o desenvolvemento persoal e social do alumnado e o seu potencial de aprendizaxe, facilitándolles a adquisición das competencias e a consecución dos obxectivos xerais previstos nas ensinanzas LOE
Atención á diversidade
Conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado
Medidas de atención á diversidade
Actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado. Poderán ser ordinarias ou extraordinarias, e estarán recollidas no PXAD e nas suas concrecións
MAD ordinarias
Todas aquelas que faciliten a adecuación do currículo prescritivo sen alteración significativa dos seus obxectivos, contidos e criterios de avaliación ao contexto sociocultural dos centros educativos e as características do alumnado. A finalidade é dar resposta ás diferenzas en competencia curricular, motivación, intereses, relación social, estratexias, estilos e ritmos de aprendizaxe, e buscan facilitar a consecución dos obxectivos e competencias das diferentes ensinanzas
MAD extraordinarias
Todas aquelas dirixidas á dar resposta ás necessidades educativas do alumnado con neae que podem requerir modificacións significativas do currículo ordinario e/ou supoñer cambios esenciais no ámbito organizativo, así como nos elementos de acceso ao currículo ou na modalidade de escolarización.
Aplicaranse unha vez esgotadas as MAD ordinarias ou por resultar estas insuficientes
Precisan autorización
Estrutura do PXAD
Xustificacion baseada no contexto
Identificación e valoración de necesidades
Determinación dos obxectivos
Descrición das actuacións, medidas e/ou programas para a atención á diversidade
Determinación dos critérios para a organización e distribución dos recursos e aplicación das medidas propostas
Concreción das actuacións dos distintos profesionais en relación coas medidas deseñadas para o centro
Mecanismos de coordinación e colaboración internos, así como con outras etapas educativas e cos centros adscritos ou de adscrición
Canles de colaboración coas famílias e servizos externos ao centro
Protocolos para a solicitude e/ou autorización de medidas extraordinarias
Procesos de seguimento, avaliación e mellora do plan
Deseño universal de aprendizaxe
Proceso polo cal un programa de estudos está deseñado dende o principio, intencional e sistematicamente, para satisfacer as diferenzas individuais, reducindo ou eliminando as barreiras que calquera discente poida experimentar para acceder, participar e aprender no marco das experiencias de aprendizaxe comúns para todo o alumnado CAST (2008). Universal design for learning version 1.0. Wakefield, MA: CAST
Paradigma que favorece a eliminación de barreiras sensoriais, físicas, afectivas e cognitivas para o acceso, aprendizaxe e participación do alumnado. Considera que a diversidade é a norma e non a excepción e que existen “contornos discapacitantes” non “persoas discapacitadas”. Entende que non hai unha maneira única de aprender e que todos os alumnos e as alumnas poden aprender conxuntamente. Fundaméntase en tres principios básicos: Proporcionar múltiples formas de representación, de acción e de expresión e de motivación e implicación.
Especialistas do EOE
Especialista en Audición e Linguaxe Especialista en Discapacidade Sensorial Especialista en Discapacidade Motórica Especialista en Trastornos Xeneralizados do Desenvolvemento Especialista en Trastornos de Conduta Especialista en Altas Capacidades Especialista en Orientación Vocacional Educador ou Traballador Social
Orientación
Na Circular 10/2010 a orientación defínese como un medio necesario para o logro dunha formación personalizada que propicie unha educación integral en coñecementos, destrezas e valores.
Definición do PXAD
Documento do que se artella a atención á diversidade. Nel recolleranse e concretaranse todas as actuacións e medidas de atención á diversidade que un centro educativo deseña e desenvolve para adecuar a resposta educativa ás necesidades do seu alumnado