Tema 11 (1st Part) Flashcards
(21 cards)
Que é o sistema financeiro?
É o conxunto de intermediarios que moven os aforros cara quen necesita diñeiro.
Para que serve o sistema financeiro?
Para financiar o consumo, o investimento e o gasto público.
Que son os intermediarios financeiros?
Son institucións que conectan aforradores con investidores.
Que tipos de intermediarios financeiros hai?
Bancarios e non bancarios.
Que fan os intermediarios bancarios?
Captan aforros e prestan diñeiro.
Que fan os intermediarios non bancarios?
Captan aforros e ofrecen servizos diferentes ao préstamo.
Quen supervisa os bancos?
O Banco de España.
Quen controla os mercados de valores?
A CNMV (Comisión Nacional do Mercado de Valores).
Quen supervisa as aseguradoras?
A DGS (Dirección Xeral de Seguros).
Que é a intermediación bancaria?
É cando os bancos recollen diñeiro e préstano a quen o necesita.
Que é a reserva fraccionaria?
Parte do diñeiro que o banco garda e non presta.
Que é o coeficiente legal de caixa?
Porcentaxe mínima que o banco debe gardar sen prestar.
Quen decide o coeficiente legal de caixa en Europa?
O Banco Central Europeo (BCE).
Que función ten o banco central?
Controlar os bancos e a cantidade de diñeiro que circula.
Que fan as financeiras de consumo?
Axudan a pagar compras a prazos.
Que fan as aseguradoras?
Cobren perdas ou danos cun seguro.
Que fan os fondos de investimento?
Invisten os cartos en varios valores para repartir o risco.
Que fan os fondos de pensións?
Dan ingresos extra cando te xubilas.
Que fan as bolsas de valores?
Facilitan a compra e venda de accións e outros valores.
Que é o leasing?
Alugar algo con opción de compralo despois.
Que é o factoring?
A empresa adianta o diñeiro de facturas pendentes.