tema 1 Flashcards
(29 cards)
ETIMOLOXÍA (1)
EXPLICA a etimoloxía da palabra “filosofía” (FILOS + SOFIA):
- FILOS: persoa que ten filia (amor relacionado ca amistade).
- SOFIA: sabedoría que quere coñercer a causa das cousas.
FILOSOFÍA: amor á sabedoría.
FILÓSOFO: amigo do saber
CONTEXTO HISTÓRICO (1)
Onde xorde a filosofía?
Pensamento mítico (1)
Na Antiga Grecia (S.VI a.C)
CONTEXTO HISTÓRICO (2)
Que técnicas e saberes tiñan as distintas civilizacións para relacionarse co mundo antes da filosofía?
(3 civilizacións mencionadas)
Pensamento mítico (2)
- GREGOS: deseñaban barcos e sistemas de navegación.
- EXIPCIOS: controlaban as crecidas do río Nilo (para regar os cultivos) + desenvolveran unhas complexas xeometría (para medir s campos) e escritura (para facilitar o comercio e almacenamento de produtos).
- BABILONIOS: desenvolveron a astronomía (principalmente con fins de profecía ou adiviñación).
CONTEXTO HISTÓRICO (3)
Que se utilizaba para responder ás preguntas fundamentais do ser humano antes da filosofía?
(Define este concepto)
Pensamento mítico (3)
Os mitos: relatos/historias de fantasía, normalmente situados nun tempo moi antigo, sobre as fazañas/proezas dos deuses ou de heroes.
(Eran contadas en libros coñecidos por todos os gregos: a Ilíada e a Odisea de Ovidio; e Togonía de Hesíodo)
CONTEXTO HISTÓRICO (4)
Como estaba organizado o mundo na antiga cultura grega.
Pensamento mítico (4)
Moira (o destino) > os deuses (parecidos aos humanos pero inmortais e con capacidades sobrenatunais, eles podían coñecer o destino) > humanidade (mortais)
CONTEXTO HISTÓRICO (5)
Cales con as 4 funcións máis importantes dos mitos?
Pensamento mítico (4)
- OFRECER EXPLICACIÓNS: daquelo que non se comprendía (tormentas, posicións de poder…)
- EDUCAR: os/as nenos/as aprendían a comportarse cos mitos (protagonistas = exemplos para a sociedade).
- SERVIR DE BASE PARA A RELIXÓN: os deuses eran adorados nos templos (recibian ofrendas, pregarias e festas).
- ENTRETER: contados para o desfrute.
CONTEXTO HISTÓRICO (5)
Que 3 feitos marcan a aparición da filosofía (e consecuente desaparición do mito) na Grecia Arcaica (S. VIII-VI a.C)?
(tras o comezo do comercio con outras culturas)
Paso do mito ao logos (1)
- Debúxanse os 1ºs mapas de navegación e fanse descubrimentos na astronomía. A imaxe do mundo do mitos non é igual a da dos 1ºs mapas.
- Os gregos comezan a contactar con outros pobos, que teñen os seus propios deuses e que, sen rezar aos mesmos deuses, recibían os mesmos resultados (boas colleitos sen rezar a Deméter, navegación segura sen rezar a Poseidón, etc.)
- Ao non haber textos sagrados ou persoas que os interpreten (os poetas eran os principais difusores de mito, non o interpretaban), existía unha gran liberdade de pensamento na súa sociedade.
CONTEXTO HISTÓRICO (6)
Que pasa co mito tras a aparición do logos?
Paso do mito ao logos (2)
O mito pasa a ser considerado unha forma de coñecemento sen fundamento: a súa verdade e falsidade non poden ser discutidas.
CONTEXTO HISTÓRICO (7)
A filosofía di que a natureza está ordenada. Que 3 cousas cren os filófos por esta razón?
Paso do mito ao logos (3)
- A natureza posúe unhs orde interna: os fenómenos naturais (estacións, paso do tempo, terremotos, etc.) axútanse a unha orde dentro da propia natureza.
- Esta orde é necesaria: as cousas que suceden na natureza seguen unhas regras que podemos coñecer e que sempre son as mesmas.
- O mundo fundo faise intelixible (= se pode comprender): xa que empregamos a razón para coñecer ese orde.
TRAZOS PRINCIPAIS E RAMAS DA FILOSOFÍA (1)
A filosofía é un saber: ->
Que 5 características ten a filosofía? Explícas.
Características do pensamento filosófico
- RACIONAL: Unha afirmación filoósofica sempre é unha afirmación argumentada. Provura respostas fundamentadas e xustificadas. Por isto o saber filosófico está ao alcance de calquera disposto a empregalo.
- CRÍTICO: someto todo ao análise, non da nada por suposto (non acepta as verdades que proveñen da tradición ou da autoridade).
- DE SEGUNDO GRAO: traballa a partir das aportacións das ciencias e doutros saberes de 1º grao, pero non nace doutros saberes, a filosofía só necesita os saberes presentes neses saberes (ex.: se as matemáticas traballan con números, a filososfía pregúntase que é o número).
- DA TOTALIDADE: Ao traballar con saberes doutras disciplinas, interésase por calquera couse que poida ser obxecto de coñecemento. Outros saberes estudan parcelas específicas pero a filsofía é un saber global.
- RADICAL: A filosofía sempre vai aos fundamentos do seu obxeto de estudo, non se contenta co superficial senón que vai sempre á raíz dos problamas que investiga.
TRAZOS PRINCIPAIS E RAMAS DA FILOSOFÍA (2)
Cales son as 3 características fundamentais das ciencias (ou saber científico)?
(+ explicación)
A filosofía fronte a outros saberes (1)
- teñen un campo determinado (ex.: as matemáticas tratan os números e as propiedades xeométricas, a bioloxía aos seres vivos, a psicoloxía á conduta humana, etc).
- parten duns supostos que non necesitan demostrar (ex.: un físico non demostra constantemente que o universo está composto de materia e enerxía, asúmeo e trabállao).
- contan con métodos específicos para investigar (ex.: hipotético-deductivo para física e química, dedutivo para matemáticas, etc.
TRAZOS PRINCIPAIS E RAMAS DA FILOSOFÍA (3)
Por que a filosofía non comparte ningunha das carcterísticas das ciencias?
A filosofía fronte a outros saberes (2)
- Non se restrinxe a unha única parcela da realidade , é un saber da totalidade/global.
- Non admite supostos sobre os que non se interrogue, é un saber crítico. Cuestiónase todo sobre o que traballa constantemente.
- Non ten un único método co que proceder, e incluso reflexiona sobre a validez deses métodos (tanto os sus como os das ciencias).
TRAZOS PRINCIPAIS E RAMAS DA FILOSOFÍA (4)
Cales son as 2 características fundamentais das relixións maioritarias?
(+ explicación)
(falamos das maioritarias porque existe unha gran variedade de relixións que difiren as unhas das outras)
A filosofía fronte a outros saberes (3)
- Diferencia o ámbito sagrado (aquelo que ten gran valor e, consecuentemente, merece respecto e admiración), do pagano (non pertence ao sagrado).
- Responde ás grandes preguntas do ser humano apoiándose en verdades de fe (formadas por consecuencia dos dogmas)
dogmas: verdades incuestionables que proveñen da divinidade.
TRAZOS PRINCIPAIS E RAMAS DA FILOSOFÍA (5)
Por que a filosofía non comparte ningunha das carcterísticas das relixións maioritarias?
A filosofía fronte a outros saberes (4)
- Non diferencia entre ámbitos de orivilexio. Todos son considerádos iguais.
- Non pode admitir as verdades da fe. Considera que ningunha verdade é incuestionable.
TRAZOS PRINCIPAIS E RAMAS DA FILOSOFÍA (6)
En que 2 grandes ramas se divide a filosofía?
(+ a súa definición)
Ramas da filosofía (1)
- FILOSOFÍA TEÓRICA: encárgase das grandes cuestións do ser humano.
- FILOSOFÍA PRÁCTICA: reflexiona sobre as accións e decisións humanas (obxectivo: facer normas para unha boa vida).
TRAZOS PRINCIPAIS E RAMAS DA FILOSOFÍA (7)
Cales son as 4 ramas máis importantes da filosofía teórica?
(+ explicación)
Ramas da filosofía (2)
- LÓXICA: estuda os nosos razoamentos para saber se son válidos ou inválidos.
- METAFÍSICA/ontoloxía: trata as preguntas fundamentais da realidade (ex.: “que é existir?” “que tipos de realidades hai?”, etc.)
- TEORÍA DO COÑECEMENTO/ epistemoloxía: estuda todo o que ten que ver co coñecemento humano (ex.: “Cal é a diferenza entre crer e coñecer algo?” “Que fai que algo sexa verdadeiro ou falso?”).
- ANTROPOLOXÍA: estuda todo o que ten que ver co ser humano: características fundamentais, diferenzas cos outros seres vivos, etc. (Hai diferentes tipos de antropoloxía: filosófica, cultural, aplicada, etc.)
TRAZOS PRINCIPAIS E RAMAS DA FILOSOFÍA (8)
Cales son as 3 ramas máis importantes da filosofía práctica?
(+ explicación)
Ramas da filosofía (3)
- ÉTICA: reflexiona sobre as diferentes morais ou normas de comportamento de cada sociedade, para saber se son correctais ou incorrectas.
- FILOSOFÍA POLÍTICA: estuda as formas de organización do ser humano en sociedade (ex.: “Que é a xustiza?” “Cal é a mello forma de vivir en sociedade?”, etc.)
- ESTÉTICA: reflexiona sobre a beleza e intenta explicar porque consideramos agradables unhas cousas e outras desagradables.
HISTORIA DA FILOSOFÍA (1)
Quenes eran os presocráticos?
Orixe da filosofía no Antiga Grecia (1)
Eran os 1ºs filósofos, centrábanse na natureza e trataban de buscar a súa Arkhé (= principio último da realidade, en grego). Chamaban á filosofía physis (=coxunto de cousas, en grego).
HISTORIA DA FILOSOFÍA (2)
Que opinaban os sofistas?
Xiro antropolóxico (Grecia clásica) (1)
Eran escépticos: creían que non é posible obter coñecemento verdadiro sobre o mundo.
HISTORIA DA FILOSOFÍA (3)
Que creía Sócrates?
Xiro antropolóxico (Grecia clásica) (2)
Que é posible coñecer verdades universais (=definicións válidas á marxe do contexto).
HISTORIA DA FILOSOFÍA (4)
Que marcaron Platón e Aristóteles?
(Platón foi o mestre de Aristóteles)
Xiro antropolóxico (Grecia clásica) (3)
A cumbre da filosofía grega (S. IV a.C)
HISTORIA DA FILOSOFÍA (5)
En que se baseaba o Helenismo?
Xiro antropolóxico (Grecia clásica) (4)
Na ética.
HISTORIA DA FILOSOFÍA (6)
Di todo o ocurrido na orixe da filosofía na Antiga Grecia:
Orixe da filosofía no Antiga Grecia (2)
- O paso do mito ao logos.
- A aparición dos presocráticos.
HISTORIA DA FILOSOFÍA (7)
Di todo ocurrido no xiro antropolóxico (Grecia clásica):
Xiro antropolóxico (Grecia clásica) (5)
- Aparación dos sofistas.
- Sócrates.
- Platón + Aristóteles.
- O helenismo.