tema 2 Flashcards
(23 cards)
LÓXICA
Que é a lóxica?
É unha rama da filosofía que se ocupa de estudar a estrutura dos nosos
razoamentos.
LÓXICA
Os razoamentos exprésanse a través da ………………, e esta está composta por ……………… .
linguaxe e enunciados
LÓXICA
Que é un argumento?
Un argumento é a expresión lingüística dun razoamento
LÓXICA
Cales son os tipos de argumentacións principais? Explícaos e di de cal se ocupa cada tipo de lóxica.
-
Argumentacións demostrativas:
Aquelas nas que, partindo duns enunciados que coñecemos, chegamos a outros que non coñecemos.
Delas ocúpase a lóxica formal. -
Argumentacións retóricas:
Aquelas que buscan persuadir, convencer ou emocionar a un interlocutor.
Delas ocúpase a lóxica informal.
LÓXICA
A que se dedica a lóxica formal e a que se dedica a informal?
- Lóxica formal: atende á estrutura/forma das argumentacións.
- Lóxica informal: atende ao significado do que se quere transmitir + ao contexto no que se emprega.
LÓXICA FORMAL
A linguaxe con defectos e irregularidades que utilizamos no noso día a día é a …………………….. e a feita pola filosofía (na Antigüedade), cuns símbolos e unhas normas concretas, chámase ……………………..
linguaxe natural e linguaxe formal
LÓXICA FORMAL
Define propocisión (1) e que hai que ter en conta ao identificar os tipos de proposicións (2).
- As proposicións son o contido dunha frase (do noso día a día) que afirma ou nega algo, son verdadeiras ou falsas.
- Hai que ter en conta por un lado, a expansión e a intensión, e por outro, o contido lóxico.
LÓXICA FORMAL
Que é a extensión dunha prop. (1)? E que tipos de prop. según a súa extensión hai (2)?
Extensión
- A extensión dunha proposición é a capacidade desta para referirse a un diferente nº de individuos.
- -
* Singular: se fai referencia unicamente a un individuo.
* Particular: se fai referencia a todos os individuos.
* Universais: se fai referencia a todos os individuos.
LÓXICA FORMAL
Que é a intensión dunah prop. (1)? E que tipos de prop. según a súa intensión hai (2)?
Intensión
- A intensión dunha proposición é a capacidade desta para afirmar ou negar algo dun ou varios individuos.
- -
* Afirmativa: se afirma algo dun/varios individuos.
* Negativa: se nega algo dun/varios individuos.
LÓXICA FORMAL
Que tipos de prop. según o seu contido lóxico hai?
Contido lóxico
- Equivalentes: dúas ou máis proposicións que teñen o mesmo contido lóxico.
- Contraditorias: se o seu contido lóxico causa que dúas proposicións non poidan ser verdadeiras simultáneamente.
- Compatibles: sen que o seu contido lóxico sexa o mesmo, poden ser verdadiras ao mesmo tempo.
PROPOSICIÓNS E RAZOAMENTOS
Define razoamento
Un razoamento é unha operación na que pasamos dunhas proposicións a outras.
PROPOSICIÓNS E RAZOAMENTOS
As ……………… son as proposicións que son punto de partida do razoamento e as ……………… son as proposicións son o punto de chegada.
premisas e conclusión
PROPOSICIÓNS E RAZOAMENTOS
Cales son os 3 tipos de razoamento?
Dedución, indución e razoamento hipotético-dedutivo.
PROPOSICIÓNS E RAZOAMENTOS
Explica que é a dedución (1). Que fai un razoamento válido ou inválido (2)? E que o fai verdadeiro ou falso (3)?
Dedución
- É a forma infalible de realizar un razoamento, se este está ben construído é imposible que, sendo as premisas verdadeiras, a conclusión sexa falsa.
- É válido se está ben construído e segue necesariamente as premisas. E é inválido se non está ben construído.
- Se se corresponde con aquilo ao que se refire na realidade, é verdadeira; e se non o fai é falsa.*
*(Non ten que ver cun razoamento sendo verdadeiro ou falso)
PROPOSICIÓNS E RAZOAMENTOS
Explica que é a indución
Indución
Un razoamento no que chegamos a unha conclusión universal a partir de premisas particulares/singulares, unha “xeneralización”. Obsérvanse moitos casos concretos, despois, conclúese unha proposición universal. A conclusión derívase das premisas con maior ou menor probabilidade.
PROPOSICIÓNS E RAZOAMENTOS
Explica que é o razoamento hipotético-dedutivo (define hipótese)
Son aqueles razoamentos que combinan indución + dedución. Son os máis comúns. A conclusión obtida non é nin verdadeira nin falsa, senón unha hipótese. Para saber que é temos que comprobalo.
LÓXICA PROPOSICIONAL
Quen foi o 1º en formular unha linguaxe formal (e cando) (1)? Cal empregamos hoxe e cando foi formulada (2)?
- Aristóteles (S. IV a.C.)
- Lóxica simbólica (S. XIX)
LÓXICA PROPOSICIONAL
Que é a lóxica proposicional (1)? E que 2 tipos de proposicións hai nesta lóxica (2)?
- É unha rama da lóxica simbólica que estuda os razoamentos dedutivos onde interveñen proposicións.
- -
* Simples/atómicas: aquelas que non conteñen outra no seu interior, expresan unha única idea, (p, q, r, s,t, etc.).
* Compostas/moleculares: aquelas que están formadas por varias proposicións relacionadas, expresan varias ideas correlacionadas, (P, Q, R, S, etc.).
LÓXICA PROPOSICIONAL
Signo: ㄱ
Conectores lóxicos
Relación: Negación
Explicación e lectura: Nega unha proposición, “non”
Exemplo: “Non chove” ㄱp
LÓXICA PROPOSICIONAL
Signo: ⋀
Conectores lóxicos
Relación: Conxunción
Explicación e lectura: Une dúas proposicións, “e”
Exemplo: “Chove e fai frío” p⋀q
LÓXICA PROPOSICIONAL
Signo: ∨
Conectores lóxicos
Relación: Disxunción
Explicación e lectura: Une dúas proposicións, “ou”
Exemplo: “Chove ou fai sol” p∨q
LÓXICA PROPOSICIONAL
Signo: ⟶
Conectores lóxicos
Relación: Condicional
Explicación e lectura: Expresa unha condición, “se…entón…”
Exemplo: “Se chove, entón móllome” p⟶q
LÓXICA PROPOSICIONAL
Signo: ⇔
Conectores lóxicos
Relación: Bicondicional
Explicación e lectura: Expresa unha relación bicondicional, un antecedente é necesario para o consecuente, “se e só se”
Exemplo: “Móllome se e só se chove” p⇔q