A investigación do desenvolvemento e dos procesos de ensinanza e aprendizaxe Flashcards

(46 cards)

1
Q

Pasos do método científico

A
  • Formular unha pregunta de investigación: baseada en investigacións previas, algunha teoría, ou unha reflexión e obxervación persoal. Debe ser relevante no ámbito de estudo
  • Hipótese: predición específica que pode ser demostrada e falisificada
  • Comprobación da hipótese: Deseñar unha investigación que demostre se a hipótese é verdadeira ou falsa
  • Conclusións
How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
2
Q

Estratexias básicas de obtención de datos (nomear)

A

Observación, entrevistas, cuestionarios, métodos psicofisiolóxicos e descricións etnográficas

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
3
Q

Tipos de observación

A
  • Observación naturalista

- Observación estruturada

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
4
Q

Observación naturalista. Pros e contras

A

Obsérvanse as persoas no seu hábitat natural.
Pros: Permite estudar o comportamento como ocorre na realidade. Más fácil en bebés e nenos porque non fan falla habilidades lingüísticas.
Contras: Dificultade para observar condutas pouco frecuentes e que se poden ver influídas pola presenza do observador

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
5
Q

Observación estruturada. Pros e contras

A

O investigador crea unha situación que evoca a conduta, nun laboratorio ou un entorno controlado.
Pros: Cada participante ten a mesma oportunidade de manifestar a conduta. Permite estudar condutas pouco frecuentes no ambiente natural, e contrólanse mellor os estímulos.
Contras: No laboratorio, os suxeitos poden comportarse dunha forma diferente que na vida diaria

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
6
Q

Limitacións xerais do método de observación

A

A conduta está limitada pola influencia do observador, cuxa presencia fai que as persoas actúen dunha forma máis positiva e aceptable socialmente. Pódese solucionar con vídeos ou afacéndoos á presenza do observador.
Sesgo do observador

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
7
Q

Sesgo do observador

A

Tendencia do observador a rexistrar o que espera atopar en vez das condutas reais dos suxeitos

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
8
Q

Entrevistas

A
  • Recóllense datos facendo preguntas directas

- As preguntas pódense repetir se o entrevistado non a comprende

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
9
Q

Que formación se lle esixe ao entrevistador?

A

Máis formación canto menos estruturada sexa a entrevista

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
10
Q

Tipos de métodos de entrevista

A
  • Método clínico ou entrevista semiestruturada

- Entrevistas estruturadas

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
11
Q

Método clínico. Pros e contras

A

O entrevistador ten unha hipótese e orienta a entrevista para verificala. As preguntas vanse axustando ás respostas do suxeito.
Pros: é un procedemento moi flexible, e é máis doado coñecer o significado das preguntas xa que éstas se adaptan ás respostas
Contras: Precísase moita experiencia do investigador, e é difícil analizar os datos e comparar aos suxeitos

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
12
Q

Entrevistas estruturadas. Pros e contras

A

As preguntas selecciónanse previamente e son independentes das respostas, que poden ser abertas ou pechadas. Semellantes aos cuestionarios.
Pros: Permiten resolver posibles dúbidas e comparar de forma sinxela as respostas dos suxeitos.
Contras: Limita a resposta a un marco preestablecido no que os suxeitos poden dar respostas desexables e aceptables, pero imprecisas ou falsas

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
13
Q

Cuestionarios

A

Documentos que recollen as preguntas sobre o obxecto de estudo de forma organizada e esscrita. Vantaxes e limitacións como as das entrevistas estruturadas

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
14
Q

Test

A

Probas deseñadas para revelar características persoais concretas. Son instrumentos estandarizados e validados

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
15
Q

Autoinformes

A

Instrumentos nos que se pide información sobre percepcións, pensamentos, sentimentos, actitudes, crenzas…

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
16
Q

Estudos de casos

A

Recollen información dun só suxeito. Constitúen un método de estudo que emprega varios instrumentos (entrevistas, observacións, tests…)

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
17
Q

En que casos se empregan estudos de casos?

A

En casos de enfermidades ou trastornos pouco comúns

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
18
Q

Pros e contras dos estudos de casos

A

Pros: útiles en casos singulares nos que os aspectos cualitativos e idiosincráticos son fundamentais
Contras: Non son xeralizables a outros casos

How well did you know this?
1
Not at all
2
3
4
5
Perfectly
19
Q

Métodos psicofisiolóxicos

A

Exploran a relación entre aspectos psicolóxicos e biolóxicos do organismo, analizando en que medida se traducen certas condutas en reaccións fisiolóxicas cuantificables

20
Q

Indicadores máis empregados nos métodos psicofisiolóxicos

A

Parámetros fisiolóxicos

21
Q

Tipos de parámetros fisiolóxicos

A
  • Actividade do SNA: ritmo cardíaco, presión sanguínea, respiración, dilatación pupilar, condución eléctrica da pel…
  • Actividade cerebral: electroencefalograma
22
Q

Pros e contras dos métodos psicofisiolóxicos

A

Pros: Permiten estudar as capacidades sensoriais en bebés.
Contras: Requiren un alto grao de inferencia e diferentes factores poden influir na resposta fisiolóxica

23
Q

Descricións etnográficas

A

Método descritivo e cualitativo que tenta comprender os valores, tradicións e procesos sociais únicos das culturas e subculturas

24
Q

Que método se emprega nas descricións etnográficas?

A

A observación participante, na que o investigador convive coa comunidade cultural

25
Que datos se obteñen da observación participante?
Datos heteroxéneos: observación naturalista, conversacións con membros da cultura, etc.
26
Pros e contras das descricións etnográficas
Pros: proporciona unha descrición máis rica das culturas. Contras: É un método moi subxectivo no que as conclusións poden estar influidas polos valores e o marco teórico do investigador, cuxa presenza altera a situación
27
Para que se usan os estudos correlacionais e experimentais?
Para descubrir relacións
28
Estudos correlacionais
Comparan distintos grupos de datos para examinar as relacións entre eles, co método estatístico: o coeficiente de correlación (+-1,00) indica a magnitude e dirección da relación entre as variables
29
Pros e contras dos estudos correlacionais
Pros: Permiten establecer comparacións entre variables para saber a probabilidade de que se deban ao azar. Contras: Non permiten determinar relacións de causa-efecto entre as variables
30
Estudos experimentais
Método de investigación onde se manipulan variables e se rexistran os efectos, o que permite estudar as causas dunha conduta de maneira precisa. Poden ser de laboratorio, de campo ou naturais ou cuasi-experimentais
31
Pros e contras dos estudos experimentais
Pros: Permiten determinar relacións causa-efecto entre variables. Contras: Estes datos obtidos nun ambiente artificial poden non ser xeralizables
32
Variables usadas nos estudos experimentais
Variable dependente (VD) e independente (VI)
33
Que se emprega para estudar as variables nos estudos experimentais?
O control experimental, que son as medidas adoptadas para asegurar que os factores estraños que poidan influír na VD están controlados. Fórmanse o grupo experimental e o grupo control.
34
A probabilidade de que as diferenzas se deban ao azar é menor do........
5%
35
Deseños de investigación empregados en Psicoloxía do Desenvolvemento e da Educación
Lonxitudinais, transversais, secuencias, de intervalo temporal, microxenéticos
36
Cal é o mellor deseño de investigación do desenvolvemento e da educación?
Ningún é bo ou malo a priori. O que o fai bo é a súa capacidade para responder axeitada e eficazmente ás preguntas que se fai o investigador
37
Deseños lonxitudinais
Estúdanse os mesmos suxeitos varias veces durante un período de tempo. Todos son da mesma xeración, polo que foron expostos aos mesmos eventos socioculturais.
38
Pros e contras dos deseños lonxitudinais
Pros: Permiten estudar a estabilidade ou o cambio ao longo do tempo, analizando o cambio intraindividual. Contras: Son deseños moi custosos, sobre todo se o período examinado é longo. As mostras poden perderse ou morrer, e o feito de que os suxeitos se saiban observados ou examinados pode cambiar os resultados. Os cambios interxeracionais poden tamén limitar as conclusións só á xeración estudada
39
Deseños transversais
Estúdase a suxeitos de distintos grupos de idade nun mesmo momento temporal, para ver como cambian as condutas. Deben ser o máis semellantes posible en todo menos na idade
40
Pros e contras dos deseños transversais
Pros: É un método rápido e económico para obter datos evolutivos en pouco tempo e examinando a moitos suxeitos. Contras: Non informan sobre a estabilidade ou cambio co tempo, é dicir, non estudan o cambio intraindividual. Ademais, os problemas de homoxeneidade entre os grupos poden causar unha confusión entre efectos de idade e de xeración
41
Deseños secuenciais
Permiten estudar a influenza dos factores sociohistóricos no desenvolvemento. Selecciónanse suxeitos que estiveron expostos ao factor sociohistórico que interesa estudar, e suxeitos que non estiveron expostos. Estes deseños poden ser transversais ou lonxitudinais.
42
Pros e contras dos deseños secuenciais
Pros: Axudan a descubrir se os efectos de cohorte (xeración) inflúen nos resultados, e se os cambios evolutivos dunha cohorte son semellantes aos das outras. Contras: Poden ser caros e requerir moito tempo, sobre todo o deseño lonxitudinal secuencial
43
Deseños de intervalo temporal
Estúdanse suxeitos dunha determinada idade en diferentes momentos históricos, é dicir, estúdanse xeracións diferentes.
44
Pros e contras dos deseños de intervalo temporal
Pros: Permiten analizar a influencia do cambio histórico-cultural sobre idades concretas. Contras: Aportan moi pouca información evolutiva (sobre o cambio ontoxenético)
45
Deseños microxenéticos
Os suxeitos son estudados exhaustivamente durante un período curto, a medida que se realizan cambios no desenvolvemento. Son estudos lonxitudinais a curto prazo. Obxectivo: analizar a xénese das capacidades humanas. Emp´reganse na perspectiva vigotskyana, por exemplo, na análise da actividade adulto-neno construíndo un puzle
46
Consideracións éticas na investigación
- Consentimento informado - Confidencialidade - Protección contra posibles danos físicos ou psicolóxicos - Explicación dos enganos - Coñecemento dos resultados