D. P. Ausubel: Teoría da Aprendizaxe Verbal Significativa Flashcards
(25 cards)
Como concibe á psicoloxía da educación?
Como unha disciplina que xera coñecementos (non un campo de aplicación da psicoloxía)
Por que non se deben levar á escola os principios de aprendizaxe elaborados a partir da investigación experimental?
Porque é esencial que primeiro se elaboren teorías específicas da aprendizaxe escolar e a ensinanza, para orientar a práctica educativa e mellorala
Cal é o obxectivo de Ausubel?
Elaborar unha teoría da ensinanza baseada nunha teoría da aprendizaxe escolar
Tipos de aprendizaxe no contexto escolar segundo como se presentan os contidos (nomear)
Aprendizaxe por recepción (verbal), aprendizaxe por descubrimento
Tipos de aprendizaxe escolar segundo o grao de significado adquirido (nomear)
Aprendizaxe repetitivo ou memorístico, aprendizaxe significativo
Aprendizaxe por recepción (verbal)
Recíbense os contidos na súa forma final; só hai que comprendelos e asimilalos
Aprendizaxe por descubrimento
O contido non está na súa forma acabada e debe ser descuberto; o descubrimento debe facerse antes da asimilación
Aprendizaxe repetitivo ou memorístico
Carécese de coñecementos previos para entender os contidos, que son arbitrarios. Apréndese o material ao pé da letra ou establécense relacións arbitrarias con coñecementos previos
Aprendizaxe significativo
Os contidos relaciónanse con coñecementos previos e adquiren significado
Segundo Ausubel, como se debe aprender a cultura?
Debe ser recibida e transmitida pola linguaxe, non descuberta. Importancia da aprendizaxe significativa e verbal
Condicións para a aprendizaxe significativa
- O material debe ser significativo dende o punto de vista lóxico, cunha estrutura e organización internas non arbitrarias
- Debe ser significativo dende o punto de vista psicolóxico; que sexa relevante para coñecementos xa existentes, para poder establecer relacións
- O alumno ten que querer aprender significativamente, formando asociacións conscientes e deliberadas entre coñecementos novos e antigos
Como se organizan os conceptos para formar unha estrutura cognoscitiva?
Xerarquicamente: de máis xerais a máis específicos, e están conectados por relacións de subordinación
Inclusores
Conceptos que xa están na estrutura cognitiva e que permiten ao alumno aprender; modifícanse cando se aprende algo de forma significativa
Inclusión obliterativa
Os inclusores quedan modificados de tal xeito que non se pode recuperar a información orixinal
Procesos para a transformación do coñecemento (nomear)
Diferenciación progresiva
Reconciliación integradora
Diferenciación progresiva
Dá lugar a aprendizaxes subordinados
Os inclusores vanse ampliando, especificando e precisando a medida que incorporan nova información
Aprendizaxes subordinados
Xurden da diferenciación progresiva
Os novos coñecementos son extensións dun concepto xeral que xa se coñecía
Reconciliación integradora
A través de similitudes entre a información nova e a antiga, reorganízanse os elementos da estrutura xerárquica e cambia o significado
Da lugar a aprendizaxes supraordenados e combinatorios
Aprendizaxes supraordenados
Apréndese un concepto inclusivo que abarca varias ideas xa presentes
Aprendizaxes combinatorios
Apréndense novos conceptos do mesmo nivel
Como debe o profesor organizar a explicación dos contidos para que a aprendizaxe verbal sexa máis eficiente
- Ideas xerais, con definicións claras e precisas
- Relacións entre conceptos
- Pedir que os alumnos expliquen coas súas propias palabras
Que debe facer o alumno para que a aprendizaxe verbal sexa eficiente?
- Esforzarse por comprender e reter as novas ideas, integrándoas nos coñecementos previos.
- Analizar similitudes e diferencias
- Explicar o aprendido coas súas propias palabras
Principios da teoría da educación (instrución) de Ausubel
- Deben secuenciarse os contidos, seguindo unha xerarquía conceptual de orde descendente
- Todo alumno pode aprender significativamente un contido se ten na súa estrutura cognoscitiva conceptos relevantes e inclusores
Organizador previo
Actúa cando a información é moi xeral para axudar aos inclusores a integrar a nova información. Crea un inclusor adecuado para o almacenamento do novo coñecemento