Enfoque Etolóxico do Desenvolvemento Flashcards
(32 cards)
Cal é o obxecto de estudo da Etoloxía?
As constancias universais na conduta das especies (a humana incluída). De todos xeitos, a súa determinación de causas filoxenéticas da conduta só é especulativa
En que consiste a metodoloxía da etoloxía?
Na investigación do medio natural e a contrastación de hipóteses no laboratorio
Cal é o antecedente principal da etoloxía?
A teoría da evolución de Darwin
Que significa o término “ethos” en grego e que implica isto na definición da etoloxía?
Significa costume ou hábito. Estuda o comportamento instintivo propio de cada especie
Unha conduta é innata se cumpre que…
- É universal para a especie
- Aparece sen experiencia previa
- É estereotipada
- Está mínimamente influída polo entorno
Que factores buscan os etólogos para explicar a conduta?
Causalidade inmediata, desenvolvemento ontoxenético, causalidade evolutiva e valor funcional de adaptación de cara á supervivencia (consecuencias)
Patrón fixo de conduta o pauta de acción modal
Secuencia de accións motoras programadas xeneticamente que teñen valor funcional para a supervivencia da especie. Son activados por EDI e MDI, e nalgúns casos actúan durante un tempo concreto
Período crítico
Momento no que o organismo está preparado bioloxicamente para adquirir unha nova conduta; vólvese especialmente sensible a certos estímulos
Período sensible
Período de tempo no que hai unha mellor capacidade para facer determinados intercambios co ambiente. Non implica un período pechado vinculado a unha idade cronoloxica. Pódese facer o mesmo noutras etapas, pero nese período é máis doado
Ambiente
NON unha realidade diferenciada. Considerado ambiente de adaptación
Ambiente significativo
Característico de cada especie, anque máis dunha compartan espazo xeográfico
A que aplicou Bowlby os principios etolóxicos e cando?
Á psicoloxía infantil, nos anos 60
A teoróia de Bowlby é unha teoría de ………………….., que define o apego como ………………………
vínculos afectivos, un proceso primario
Segundo Bowlby, a necesidade afectiva é primaria ou secundaria?
Secundaria
Como se desenvolve no neno o apego pola nai?
A nai representa a satisfacción das súas necesidades biolóxicas dende un principio, polo que a súa figura queda asociada a esa satisfacción; secundariamente, vólvese necesaria e “amada”
Como funciona a coordinación e o vínculo afectivo nai-fillo?
Ambos teñen predisposicións biolóxicas que os levan á vinculación mutua. As características de adulto funcionan como estímulos desencadeantes no bebé, cuxas reaccións funcionan como desencadeantes no adulto, que lle presta atención. Estes comportamentos levan a unha vinculación que é imprescindible para a supervivencia da especie
Cal é a importancia do vínculo materno-filial para o fillo?
As expectativas da dispoñibilidade afectiva da nai afectará a outros aspectos da súa vida, así como o vínculo con ela, que perdura ao longo do tempo. Afecta a condutas posteriores como a búsqueda de proximidade, o emprego das figuras de apego para explorar, recorrencia en momentos de aflición, e sobre todo é un modelo para os apegos futuros
Principais figuras da etoloxía
Konrad Lorenz e Nikolas Tinbergen
¿Por qué se fan a maioría de investigacións en animais non humanos?
Porque somos unha ínfima parte do reino animal e resultado dun enorme proceso evolutivo
Causas dos cambios no desenvolvemento (tipos)
Inmediatas: se hai sede, fame…
Evolutivas: menos claras. Condutas que seguramente foron, nalgún momento, útiles para a supervivencia
Para a caza, a construción de trampas… Que causas lle atribúen os etólogos?
Tanto a causalidade inmediata como a evolutiva
Cualidades de case todas as condutas innatas
- Universais para a especie
- Responden a estímulos moi específicos: non precisan de experiencia
- Estereotipadas
- Minimamente influídas polo entorno
PAM de reprodución do peixe espinoso
Constrúe niño -> defende dos outros machos -> cortexa á femia pinchando cunha das súas espinas -> zigzag para guiala ó niño -> estremécese contra a cola dela -> liberación de ovos e de esperma
Interaccionismo
Posición dos etólogos, que cren que as condutas se explican pola interacción herencia + medio